Entroido 2013.
Campesiños do Medievo.
Homenaxe aos campesiños e campesiñas da Idade Media. Foron os grandes traballadores e son os grandes esquecidos cando revivimos aquela época.
As mulleres levaban vestidos longos de teas rudas e cores escuros con delantais, na cabeza as xóvenes e solteiras levaban adornos florais ou de teas e as mulleres casadas panos.
Os homes levan vestidos curtos cun cinto e carapuchas na cabeza pola influencia árabe na Península Ibérica.