EDUCACIÓN INFANTIL

Blog elaborado polas mestras de Educación Infantil do CEIP DO FOXO

jueves, 14 de noviembre de 2013

A ESTRADA UN MUNDO POR DESCUBRIR: A SOBREIRA DE VALIÑAS

Os alumn@s de educación Infantil estamos a descubrir as sobreiras centenarias do noso Concello. Esta semana fumos visitar a SOBREIRA DE VALIÑAS dunha idade estimada de trescentos anos. Se queres podes vir connosco!!


 


jueves, 10 de octubre de 2013

PROXECTO DE CICLO: "OS PAUCIÑOS; INSECTOS PARA COIDAR"

Este ano chegaron ás nosas aulas uns animais moi especiais para que os coidásemos. Xa que están aquí, aproveitaremos para aprender deles un pouco máis sobre o mundo animal. Esperamos descubrir moitas cousas sobre os insectos e pasalo xenial!. Por certo papás e mamás, non vos asustedes porque estas mascotas non morden! Son completamente inofensivos!

MONICREQUES

Esta mañá disfrutamos coñecendo un pouco máis o mundo dos monicreques no museo MOME.


lunes, 4 de marzo de 2013

Recordamos a Rosalía de Castro

Co motivo dos 150 anos de "Cantares Gallegos" na nosa escola recordamos a Rosalía de Castro. Recitamos algúns dos seus poemas e os máis pequenos acompañámolos facendo una actuación con "Land Art" (arte na natureza).


lunes, 11 de febrero de 2013

Campesiñ@s do Medievo

Entroido 2013. Campesiños do Medievo. Homenaxe aos campesiños e campesiñas da Idade Media. Foron os grandes traballadores e son os grandes esquecidos cando revivimos aquela época. As mulleres levaban vestidos longos de teas rudas e cores escuros con delantais, na cabeza as xóvenes e solteiras levaban adornos florais ou de teas e as mulleres casadas panos. Os homes levan vestidos curtos cun cinto e carapuchas na cabeza pola influencia árabe na Península Ibérica.

miércoles, 6 de febrero de 2013

Día da Paz

O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz e da Non Violencia 2013.
Este ano fixemos un mural con técnicas TIC (nubes de TAG e letras con accidentes xeográficos naturais e artificiais).
Este traballo é o resultado da reflexión, colaboración e traballo dos alumn@s sobre a Paz.