EDUCACIÓN INFANTIL

Blog elaborado polas mestras de Educación Infantil do CEIP DO FOXO

jueves, 14 de noviembre de 2013

A ESTRADA UN MUNDO POR DESCUBRIR: A SOBREIRA DE VALIÑAS

Os alumn@s de educación Infantil estamos a descubrir as sobreiras centenarias do noso Concello. Esta semana fumos visitar a SOBREIRA DE VALIÑAS dunha idade estimada de trescentos anos. Se queres podes vir connosco!!


 


jueves, 10 de octubre de 2013

PROXECTO DE CICLO: "OS PAUCIÑOS; INSECTOS PARA COIDAR"

Este ano chegaron ás nosas aulas uns animais moi especiais para que os coidásemos. Xa que están aquí, aproveitaremos para aprender deles un pouco máis sobre o mundo animal. Esperamos descubrir moitas cousas sobre os insectos e pasalo xenial!. Por certo papás e mamás, non vos asustedes porque estas mascotas non morden! Son completamente inofensivos!

MONICREQUES

Esta mañá disfrutamos coñecendo un pouco máis o mundo dos monicreques no museo MOME.


lunes, 4 de marzo de 2013

Recordamos a Rosalía de Castro

Co motivo dos 150 anos de "Cantares Gallegos" na nosa escola recordamos a Rosalía de Castro. Recitamos algúns dos seus poemas e os máis pequenos acompañámolos facendo una actuación con "Land Art" (arte na natureza).