EDUCACIÓN INFANTIL

Blog elaborado polas mestras de Educación Infantil do CEIP DO FOXO

martes, 13 de enero de 2015

viernes, 24 de octubre de 2014

XXVII congreso de ENCIGA (Ensinantes de Ciencias de Galicia)

Este ano, o noso colexio vai participar no XXVII congreso de ENCIGA (Ensinantes de Ciencias de Galicia) cunha comunicación sobre os Insectos Paus. Traballo desenvolvido na etapa de Educación Infantil dende o curso 2013/2014.O congreso terá lugar os próximos 20, 21 y 22 de novembro,
Neste congreso @s nos@s nen@s van a estar presentes a través dos vídeos elaborados nos que comentan o que saben. Actividade denominada "Alumnos conferenciantes".
Felicidades a tod@s!!!!









lunes, 30 de junio de 2014

FESTIVAL FIN DE CURSO 2013/2014

Representación do conto "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" polos nen@s de 3, 4 e 5 anos


miércoles, 28 de mayo de 2014

MALETAS VIAXEIRAS

Grazas ao material aportado polas familias este ano funcionaron dúas maletas viaxeira: "AS NOSAS PARROQUIAS".

AS NOSAS PARROQUIAS

Material elaborado polas familias d@s alumn@s.

 

lunes, 17 de marzo de 2014

CONTOS CLÁSICOS NARRADOS

Conto clásico "OS TRES PORQUIÑO" narrado polos alumnos e alumnas de 5 anos

   

 Conto clásico "CARAPUCHIÑA VERMELLA" narrado polos alumnos e alumnas de 3 e 4 anos

 

jueves, 14 de noviembre de 2013

A ESTRADA UN MUNDO POR DESCUBRIR: A SOBREIRA DE VALIÑAS

Os alumn@s de educación Infantil estamos a descubrir as sobreiras centenarias do noso Concello. Esta semana fumos visitar a SOBREIRA DE VALIÑAS dunha idade estimada de trescentos anos. Se queres podes vir connosco!!


 


jueves, 10 de octubre de 2013

PROXECTO DE CICLO: "OS PAUCIÑOS; INSECTOS PARA COIDAR"

Este ano chegaron ás nosas aulas uns animais moi especiais para que os coidásemos. Xa que están aquí, aproveitaremos para aprender deles un pouco máis sobre o mundo animal. Esperamos descubrir moitas cousas sobre os insectos e pasalo xenial!. Por certo papás e mamás, non vos asustedes porque estas mascotas non morden! Son completamente inofensivos!

MONICREQUES

Esta mañá disfrutamos coñecendo un pouco máis o mundo dos monicreques no museo MOME.


lunes, 4 de marzo de 2013

Recordamos a Rosalía de Castro

Co motivo dos 150 anos de "Cantares Gallegos" na nosa escola recordamos a Rosalía de Castro. Recitamos algúns dos seus poemas e os máis pequenos acompañámolos facendo una actuación con "Land Art" (arte na natureza).


lunes, 11 de febrero de 2013

Campesiñ@s do Medievo

Entroido 2013. Campesiños do Medievo. Homenaxe aos campesiños e campesiñas da Idade Media. Foron os grandes traballadores e son os grandes esquecidos cando revivimos aquela época. As mulleres levaban vestidos longos de teas rudas e cores escuros con delantais, na cabeza as xóvenes e solteiras levaban adornos florais ou de teas e as mulleres casadas panos. Os homes levan vestidos curtos cun cinto e carapuchas na cabeza pola influencia árabe na Península Ibérica.